Benvidos ao meu blog.

viernes, 26 de febrero de 2010

Libros de Eduardo Punset.

Eduardo Punset é un político, economista, escritor e divulgador científico, as miñas próximas entradas estarán adicadas ós resumos dalgúns dos seus libros.


·"El alma está en el cerebro."
Emocións, ideas, temores, desexos, espiritualidade e outros aspectos da vida dos seres humanos dependen das complexísimas operacións do cerebro. Cando nos interrogamos acerca de nós mesmos, as preguntas que xorden son inifinitas: é a alma só o resultado de reaccións químicas e eléctricas? pódese manipular o pensamento doutros? os artistas teñen un cerebro distinto? o que suxire o noso inconsciente é o que somos? engánannos as nosas percepcións?
Nesta obra, Punset, acheganos ás reflexións máis relevantes dos investigadores sobre ese gran segredo que é o cerebro.


·"Cara a cara con la vida, la mente y el universo."
Neste libro, Punset, recolle a esencia dos seus interesantes diálogos cos científicos máis sabios do noso tempo e responde de forma amena e rigorosa a preguntas apaixonantes como por exemplo : podémonos fiar do noso cerebro? como se orixinou o universo? que leis rexen a evolución?



jueves, 25 de febrero de 2010

Máis experimentos.




Nesta entrada mostrareivos algúns experimentos máis xa que a min estas cousas gústanme bastante.




1.O vaso de auga máxico.




O experimento consiste en facer que un naipe sirva como tapón e soporte, sen axuda de ningunha clase, do peso da auga contida nun vaso colocado boca abaixo. O que precisamos para este experimento é :


.Un naipe que non esté roto.


.Auga


.Vaso de vidro, no que o diámetro da boca sexa menor que o ancho do naipe.




O que tes que facer é encher o vaso de auga ata o borde, a continuación poñemos o naipe sobre a boca do vaso e suxeitamolo coa man e con coidado ímoslle dando a volta ó vaso ata que quede do revés e é entón cando retiramos a man con coidado, se saíu ben, o naipe estará a soster o peso da auga, como? pois sencillo, isto acontece así porque no naipe están exercéndose dúas forzas, unha é a da auga e a outra é a da presión atmosférica, que aínda que soe incrible, é capaz de soster o peso da auga do vaso.






2.Ovos flotadores




Para este experimento precisamos :


.3 vasos grandes.


.1 ovo.


.Auga.


.Sal.




Con este, o que se pretende é demostrar como a sal inflúe na capacidade dos corpos de flotar.


Enchemos dous dos tres vasos de auga e a un deles botámoslle sal, primero podemos observar como ó meter o ovo na auga pura afúndese e como se o metemos no que ten sal flota.

Podemos xogar outro pouco utilizando o terceiro vaso. Poñamos en ovo nel, e agreguemos auga pura ata que o cubrilo con máis ou menos cun centímetro de líquido. Se agregamos auga con sal lentamente, veremos como nun momento determinado o ovo queda entre dúas augas, é dicir, nin flota nin se afunde. Neste punto, se agregamos auga soa o ovo irase ao fondo, e se agregamos auga salgada flotará de novo. Isto ocorre por que, novamente, sobre o ovo actúan dúas forzas: o seu peso e a forza que fai cara arriba a auga (se, o empuxe que describiu Arquímedes). Se o peso é maior que o empuxe, o ovo afúndese, en caso contrario flota e se son iguais, queda entre dúas augas. Cando engadimos sal ao auga, conseguimos un líquido máis denso que a auga pura, o que fai que o empuxe que sofre o ovo sexa maior e supere o seu peso, facéndoo flotar. Este feito pode explicar porque é máis fácil flotar na auga de mar que na auga dunha piscina.


3.Foguete propulsado por auga.


Os foguetes, como seguramente sabes, funcionan grazas ao principio de acción e reacción. Isto significa que os gases da combustión que saen por debaixo do foguete empúxano cara arriba. Eses gases proveñen da oxidación rápida de combustibles especiais, e son o suficientemente perigosos como para desaconsellar completamente o intento de utilizar algo similar en casa. Pero podemos construír un foguete que se impulse unicamente con auga e polo tanto non implique ningún perigo para a túa saúde. Necesitaremos:


.1 botella de plástico duns dous litros.
. 1 corcho.
. 1 inflador de bicicletas.
. algo de auga.
. uns ladrillos.
. pegamento.
. unha válvula de roda de bicicleta.


Para realizar este fácil experimento comezaremos por perforar o corcho e meter nese buraco a válvula da roda de bicicleta. Logo, selaremos o buraco (se fai falta) co pegamento. Esta é a tarefa máis complicada do noso foguete de auga. Logo enche a botella con auga ata a metade e ponlle o tapón do corcho. Pon a botella boca abaixo no chan, coa bomba de inflar bicicletas conectada á válvula. Tres ladrillos verticais ao seu ao redor servirán para que a botella mantéñase de pé. Con coidado de non inclinar o foguete, ve metendo aire no seu interior coa bomba ata que a cortiza destápese só pola presión interior. Cando isto ocorra, a auga sairá cara abaixo e impulsará ao foguete cara arriba, da mesma forma que os gases dun foguete ao saír cara atrás impúlsano cara a adiante polo principio de acción e reacción. Nin falta fai aclarar que todo isto débelo facer nun escampado, porque seguramente che mollarás. Verás como o foguete consegue subir entre 30 e 40 metros de altura. Cando o lanzaches varias veces podes intentar mellorar o teu prototipo, facéndoo máis aerodinámico ou regulando a saída de auga con orificios máis pequenos.






...

Hoxe dedicarei o blog a algunhas das frases de...



Albert Einstein :



·Non sei como será a terceira guerra mundial, só sei que a cuarta será con pedras e lanzas.

·Non entendes realmente algo a non ser que sexas capaz de explicárselo a túa avoa.

·O máis incomprensible do mundo é que sexa comprensible.

·Todos somos moi ignorantes, o que ocorre é que non todos ignoramos a mesma cousa.

·Si buscas resultados distintos, non fagas sempre o mesmo.

·Hai dúas cousas infinitas, o Universo e a estupidez humana, e do Universo non estou seguro.

·Cada día sabemos máis e entendemos menos.

·El azar no existe, Dios no juega a los dados.

·Non penso nunca no futuro porque chega sempre moi pronto.

·Tendremos o destino que non merecemos.





e tamén a relatar...



A lei de Murphy :

Esta lei foi enunciada polo inxenieiro Edward A. Murphy Jr e é unha forma cómica e ficticia de explicar infortunios. "Se algo pode saír mal, sairá mal." Por consecuencia de isto podemos deducir cousas como :

·Nada é tan fácil como parece.

·Todo leva máis tempo do que vostede pensa.

·Si existe a posibilidade de que varias cousas saian mal, a que causa máis desastres será a que salga mal.

·Cando as cousas deixanse no aire, irán de mal en peor.

·En canto comeces a facer algo, daraste conta de que tiña que facer algo antes.

·Calquer solución entraña novos problemas.



e a pesar de todo esto ... sonría, mañá pode ser peor.





domingo, 21 de febrero de 2010

Ciencia e Relixión

Ciencia e relixión, compatibles?
Comezarei explicando que é a Ciencia e que é a Relixión.

·Ciencia: É o coñocemento sistematizado,elaborado a partir de observacións e o recoñecemento de patróns regulares, sobre os que se poden aplicar razoamentos, contruír hipóteses e construír esquemas metodicamente organizados.

·Relixión: A relixión é un sistema da actividade humana composto por crenzas e prácticas acerdo do considerado como divino, tanto persoais como colectivas, de tipo existencial, moral e espiritual.

Ambas buscan a verdade de forma diferente e as súas afirmacións levan a que estas dúas vías de coñecemento sexan incompatibles. Algunhas son, por exemplo :

1. A alma existe como unha entidade separada ou é unha función do cerebro?

2.A hipótese do Big Bang apunta a Deus como a causa do universo ou non ten nada que ver?
As diferenzas máis notables son :
·Na busca da verdade a ciencia recorre a un método científico, mentras que a relixión obtenla mediante a revelación.
·A ciencia é a mesma para todos, pero a relixión é subxectiva.
·A verdade na ciencia é provisional pero na relixión absoluta.
·As probas son necesarias para á ciencia (observación e experimentación); na relixión non fai falta probas, só requírese a fe.
·A ciencia investiga o mundo natural e a relixión o espiritual.



















Nalgunha das próximas entradas seguirei a tratar deste tema e falaros das miñas conclusións.

viernes, 19 de febrero de 2010

Moda tecnolóxica.

Hoxe en día podemos atopar ciencia e tecnoloxía en cousas tan comúns coma a roupa, estas novas prendas poden cuidar a saúde, cargar a batería to teléfono ou mesmo incorporar memorias USB.

Tamén podemos atopar prendas que repelen a choiva e calquer outro líquido ou mesmo ós mosquitos.

Pero esta roupa teñen un inconveniente que é que perden as súas propiedades co seu uso e duran pouco.







Aquí deixo algunhas fotos sobre a moda que pode que se chegue a levar dentro dalgúns anos.








Imaxinades escribir co teclado incorporado ó voso propio pantalón?













Esta camiseta está feita para desprender calor e presión similar á de un abrazo, para cando nos sintamos sós.










Con este tipo de prenda poderíamos ver a televisión en calquer parte.















Quen non soñou con voar algunha vez? Gracias a este orixinal vestido poderíamos elevarnos do chan sen precisar montar nun avión.