Eduardo Punset é un político, economista, escritor e divulgador científico, as miñas próximas entradas estarán adicadas ós resumos dalgúns dos seus libros.
·"El alma está en el cerebro."
Emocións, ideas, temores, desexos, espiritualidade e outros aspectos da vida dos seres humanos dependen das complexísimas operacións do cerebro. Cando nos interrogamos acerca de nós mesmos, as preguntas que xorden son inifinitas: é a alma só o resultado de reaccións químicas e eléctricas? pódese manipular o pensamento doutros? os artistas teñen un cerebro distinto? o que suxire o noso inconsciente é o que somos? engánannos as nosas percepcións?
Nesta obra, Punset, acheganos ás reflexións máis relevantes dos investigadores sobre ese gran segredo que é o cerebro.
·"Cara a cara con la vida, la mente y el universo."
Neste libro, Punset, recolle a esencia dos seus interesantes diálogos cos científicos máis sabios do noso tempo e responde de forma amena e rigorosa a preguntas apaixonantes como por exemplo : podémonos fiar do noso cerebro? como se orixinou o universo? que leis rexen a evolución?
viernes, 26 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario