Co fin de achegaros un pouco máis á ciencia, presénto aquí unha serie de experimentos que podedes facer vós mesmos na vosa casa, son sinxelos e non se precisan moitas cousas.
-De Auga.
1.Evaporación do auga.Comezaremos por algo sinxelo, chea dos botellas de auga ata o mesmo nivel, a unha delas ponlle o tapón pero a outra deixaa destapada durante toda unha noite; a mañá seguinte verás como o destapado ten menos auga. Isto é que debido á temperatura,as partículas do auga libéranse e evapóranse producindo a diminución de líquido.
2.Presión do auga.A un cartón de leite vacío faille tres buratos a diferentes alturas, tápaos cunha tira de esparadrapo e enche o cartón con auga ata o borde. Nun lugar adecuado quita o esparadrapo e deixa que saia o auga polos orificios; observarás que dependendo da altura do burato o chorro sera maior ou menor. Isto débese á presión nas capas inferiores, por iso nos orificios de máis abaixo o chorro é máis largo.
-De Luz
1.Colle un recipiente grande de cocina e fórrao con papel de aluminio de forma que a cara máis brillante quede hacia fóra. Sitúa no fondo un taquito de madera e enriba unha pataca, logo coloca o recipiente mirando cara ó sol. Se tes un pouco de paciencia a pataca cocerase debido a que os raios do sol quentan o aluminio e este, coce a pataca.
-De Electricidade
1.Ata un globo inflado a un cordel. Frótao contra un xersei de lá durante 30 segundos e sóltao.
Observa que o globo adhírese á pared atraído pola electricidade estática, isto é debido a que o globo cargouse electricamente de carga negativa do xersei e como os corpos cargados atraen ós que non o están, o globo permanecerá xunto á parede ata que as cargas se equilibren.
Proba tamén a frotar dous globos contra o xersei e logo xuntalos, verás que se repelen porque ambos están cargados negativamente.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ester, gústanme moito estas dúas últimas entradas. Parécenme interesantes, divertidas, amenas,... Moi ben. Sigues por ese camiño? Noraboa.
ResponderEliminar