Entre eles están, por exemplo :
PÉNDULO DE NEWTON
Consta de cinco (ou máis) bolas idénticas colgada cada unha por un par de fíos de maneira que todas elas están en contacto e alineadas. Cando se separa unha das bolas dun extremo e sóltase para que choque contra as outras bolas, observase que a bola do outro extremo ponse en movemento alcanzando a mesma altura que a bola que se soltou inicialmente mentres que as outras bolas permanecen en reposo. Estas obscilacións repítense ata que o movemento se detén debido á fricción.
O comportamento deste movemento pendular pódese explicar aplicando a conservación do movemento lineal e da enerxía cinética a unha secuencia de colisión elásticas entre bolas veciñas.
HIDROGYRO
Este artiluxio é parecido a un xiroscopio que contén un líquido coloreado; ao facelo xirar rapidamente crea uns sorprendentes efectos ópticos e grazas ao líquido de cor do seu interior podemos contemplar a forza centrífuga.
COCHE CON GLOBO
Este coche leva acoplado un globo que inchamos de aire e ao soltalo fai que o coche ande no sentido contrario ao que sae o aire. Isto é unha mostra da terceira lei de Newton na que se explica que cando un corpo exerce unha forza sobre outro, este exerce sobre o primeiro unha forza igual e de sentido oposto.
BARCO POT-POT
Este pequeno barco utiliza un "motor de vapor" que creamos cando quentamos a auga que conten o barco nun tubo metálico que ao ferver crea un vapor que expulsa a auga dando un empuxón. Isto ilústranos a terceira lei de Newton de acción e reacción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario