Eduardo Punset
Por que somos como somos? É unha pregunta que seguramente nos comezos do século XXI exponse de xeito totalmente distinto a como se fixese en épocas anteriores. Por primeira vez na historia o coñecemento científico comeza a formar parte dos intereses e da sociedade en xeral.
E é que hai poucas aventuras tan apaixonantes como as que nos ofrece no noso tempo a investigación científica de primeiro nivel, aquela que busca explicación a interrogantes que ata hai pouco parecían territorio exclusivo de filósofos, teólogos ou místicos.
Cales son os mecanismos que van desde un xene, desde un cromosoma, desde unha molécula.. ata o ladrido dun can, ata o sentimento do amor, ata o feito de recordar algo con tenrura? a neurociencia, a nosa principal aliada na procura destas respostas, ensínanos pautas fundamentais para comprender a invidualidade da conduta humana mediando o estudo do cerebro e do sistema nervioso. A través dalgúns dos seus especialistas máis destacados vemos como a sofisticación da linguaxe, a memoria e a aprendizaxe diferéncianos das outras especies animais, e atisbamos novas perspectivas sobre a sexualidade e a reproducción; algunhas delas, inquietantes sobre asuntos menos susceptibles de ser analizados nun laboratorio, como a beleza, o diñeiro ou o comportamento social, compartimos ideas con atropólogos, economistas e psicólogos. Todo isto é o que podemos atopar en "Por que somos como somos? "
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario