jueves, 4 de marzo de 2010
"El viaje a la felicidad."
Seguimos cos libros de Eduardo Punset, esta entrada refírese a "El viaje a la felicidad."
A procura da felicidade é unha das grandes aventuras humanas. Tal como explica Eduardo Punset no prólogo, a viaxe á felicidade acaba de empezar e o seu final é incerto: Fai un pouco máis dun século a esperanza de vida seguía sendo de trinta anos: o xusto para aprender a sobrevivir, se se contaba coa sorte, e culminar o propósito evolutivo de reproducirse. Non había futuro nin, polo tanto, a posibilidade de exporse un obxectivo tan insospeitado como o de ser felices, esta era unha cuestión que se aparcaba para logo da morte e dependía dos deuses. A revolución científica desatou o cambio máis importante de toda a historia da evolución: a prolongación da esperanza de vida que xerou máis de corenta anos redundantes -en terminos evolutivos.
Por primeira vez a humanidade ten futuro e exponse, loxicamente, como ser feliz aquí e agora. A xente mergullouse nesas augas descoñecidas, practicamente, sen a axuda de ninguén. Agora a comunidade científica intenta iluminar o camiño;Este libro é unha lúcida e apaixonante aproximación á felicidade e os seus condicionantes. Unha indagación que nos desvela os máis recentes descubrimentos científicos ao redor deste tema, e que no seu capítulo final proponnos a fórmula da felicidade.
Aquí deixo un enlace sobre un dos seus programas en Redes :
http://www.eduardpunset.es/3249/general/ser-feliz-es-desear-menos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Moi ben esa continuación, Ester. Por que non lle introduces algunha imaxe que che suxira o título, algún enlace con algún programa de Redes onde se abordara algún deses problemas,algún vídeo de You Tube con algunha relación cunha "viaxe á felicidade", etc. Está traballando moi ben. Sigue así e máis e terás recompensa. Saúdos. Luís.
ResponderEliminar